Comeza o obradoiro Curtos en A Illa

    curtasailla_100_001.jpgA ILLA > Os alumnos da ESO e de Bacharelato de A Illa van poder crear unha curtametraxe propia gracias a un obradoiro audiovisual que comezou hoxe.

    Contarán coa axuda e os consellos de Xoan Marín, director da produtora e distribuidora Míster Misto Films. Os alumnos terán de prazo ata o quince de decembro para elaborar unha curtametraxe na que eles serán os guionistas, produtores, directores e tamén os actores.

    Trátase unha iniciativa do concello para fomentar a aprendizaxe das técnicas e a arte cinematográfica entre os máis mozos.Unha idea que tivo éxito porque se completou o ocupo de alumnos para participar na elaboración da curtametraxe en tan só dous días. Esta non é a primeira vez que Míster Misto fai obradoiros coma este. Comezaron x ano 2005 e durante este tempo recorreron toda a xeografía galega.

    O éxito da súa aprendizaxe na introdución dos máis mozos no mundo do cine ten a súa recompensa, e é que tres curtametraxes coma a que van facer agora ós estudantes da Illa vanse a proxectar no Festival Internacional de Cine de Ourense.

    Redacción Salnés