Noia recupera a súa tradición coa celebración do Sancosmeiro

NOIA> Noia vivirá este sábado unha xornada do máis tradicional coa celebración do Sancosmeiro. Canto e baile tradicional e obradoiros de rúa compoñen o programa dunha festa que sirve como antesala ás festas patronais de San Bartolomeu.

Hai nove anos a asociación ‘Pon un Sancosmeiro’ comezou coa celebración desta festa xa instaurada plenamente no calendario estival de Noia que busca reivindicar o traxe tradicional noiés mediante un elemento tan singular como o sancosmeiro.

A festa desenvolverase este sábado 19 con obradoiros de rúa durante toda a xornada así como actuación de música tradicional por todo o casco histórico.

O cartel deste ano, con referencias ó feminisimo , foi deseñado polo artista noiés Pío Costa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí