RIBEIRA> O curso de coidador e acompañante de autobús escolar foi organizado pola Fundación Amigos de Galicia e nel participaron unhas quince persoas. O centro cultural Lustres Rivas foi o lugar elixido para o acto de clausura e a entrega de diplomas do curso de formación de coidador e acompañante de autobús escolar que se veu desenvolvendo na localidade nos últimos meses, organizado pola Fundación Amigos de Galicia, en colaboración coa concellería de Servizos Sociais. O acto estivo presidido polo director xeral da Fundación, Jesús Busto, así como tamén polo alcalde, Manuel Ruíz, quen destacou a importancia de iniciativas deste tipo, que perseguen por unha banda a inserción laboral e por outra a integración, xa que moitos dos 15 participantes cos que contou este curso proceden doutros países. O rexedor ribeirense agradeceu tamén o labor que está a desenvolver a Fundación Amigos de Galicia con este tipo de accións formativas, que segundo el terán continuidade no futuro, xa que a entidade ten previsto organizar outro curso en Ribeira que versará sobre o sector pesqueiro, unha actividade, segundo el, intimamente ligada a este concello.
Inicio Barbanza - Muros - Noia