![]()
RIBEIRA > A Asociación de Veciños A Batiola de Castiñeiras denuncia o procedemento empregado por Costas para o derrube dunha terraza ilegal.
O presidente do colectivo veciñal, Xurxo Ferrón, fíxose eco do malestar dalgúns veciños da parroquia, que se queixaron do procedemento empregado pola Demarcación de Costas para executar unha sentenza que obrigaba a un particular a derrubar unha terraza ilegal situada na praia coñecida como ‘Pedras da Pionza’.
Para Xurxo Ferrón a maquinaria utilizada, unha excavadora de cadeas, provocou a rotura de numerosas rochas grandes, producindo un deterioro e unha alteración na zona ó seu paso de carácter irreversible.
Para Xurxo Ferrón resulta bastante indignante que unha institución pública que procura a protección da franxa marítimo-terrestre cometa este tipo de actuacións, cando debería dar resposta en materia de conservación ambiental, minimizando ó máximo o impacto das súas obras.
{flowplayer}barbanza/murocastineiras.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza










