RIBEIRA> O concello de Ribeira dará solución ós problemas derivados do novo sistema de conterización no municipio. Retirará algúns contedores naquelas zonas onde haxa un exceso de elementos como a avenida do Malecón.
Dende que se procedeu á instalación dos novos contedores en Ribeira, foron moitas as queixas formuladas polos veciños. Trátase de contedores máis eficientes posto que multiplican por catro a capacidade dos anteriores pero, en consecuencia, ocupan maior espazo e restan visibilidade.
Consciente do malestar veciñal, o executivo ribeirense iniciou un proceso de revisión para retirar contedores daquelas zonas máis problemáticas.
Comments are closed.