O PP di que Deira cedeu ás presións de Velo no caso Fórneas

    casoforneas.jpgBOIRO> Afirman que o actual alcalde, Xose Deira tamén actuou no seu propio beneficio para poder manterse no poder.

     

    A recente sentencia do Tribunal Supremo contra o ex recadador do concello de Boiro Jesús Fórneas devolveu á actualidade un caso aberto neste municipio dende finais dos noventa.

    Pacto de goberno

    Ademáis do proceso administrativo contra Fórneas, no ano 1999 o daquela alcalde de Boiro, Jesús Alonso iniciaba un procedemento penal no que tamén implicaba a Manuel Velo por presunto delicto de malversación de fondos. En 2005 o goberno local formado polo tripartito BNG, PSOE e ICB decidía non continuar por esta vía penal ao non recorrer a sentencia contra ó ex recadador. Segundo aseguran os populares, esta decisión veu dada polas coaccións as que se veu sometido o alcalde Xosé Deira por parte dos seus socios de goberno. O BNG, PSOE e ICB fixeron un pacto, advirten dende o partido popular, para non implicar a Manuel Velo no proceso.

    {flowplayer}barbanza/casoforneas.flv{/flowplayer}

    Deste xeito, dixo Dieste, o actual rexedor incumpriu coas súas responsabilidades como alcalde, deixando en situación de indefensión ó concello, prexudicando os intereses dos veciños con tal de manterse no poder e defender ós seus socios de goberno. A sentencia do Tribunal Supremo que condea a Xesús Fórneas a devolver ó concello 159 mil euros deixa claro que se podía ter continuado pola via penal.

    Para os populares boireses non é a primeira vez que o alcalde de Boiro actúa movido por intereses particulares e partidistas.

    Redacción Barbanza