Máis de 8.000 persoas visitan a feira da ‘Capital do Moble en Galicia’

    feira_moble_fexdega100_121107.jpgVILAGARCÍA > Máis de oito mil persoas visitaron xa a feira do moble portugués no Recinto Feiral de Vilagarcía…

    … O salón abriu as súas portas o sábado despois da recepción que lle ofreceu o goberno local no Concello ás autoridades de Paços de Ferreira. A chamada capital do moble expón os seus deseños en Fexdega ata o vindeiro domingo.

    A feira do moble que celebran estes días en Vilagarcía os establecementos de Paços de Ferreira cerrou o seu primeiro fin de semana cun gran éxito de participación. Segundo a organización, máis de oito mil persoas pasaron xa por Fexdega.

    O salón abriu as súas portas o sábado pola mañá, logo de que as autoridades de Paços de Ferreira fosen recibidos no Concello polo goberno local, onde non faltou o intercambio de agasallos. En Fexdega teñen instalado unha exposición duns cinco mil metros cadrados con máis de 200 marcas de mobiliario que se comercializan nesa rexión portuguesa. A organización decidiu celebrar esta primeira Capital do Moble en Galicia en resposta ó fluxo constante de galegos que, semanalmente visitan o Norte de Portugal.

    Esta feira do moble continuará en Vilagarcía ata o vindeiro domingo. Durante a semana, o recinto poderá ser visitado en horario de catro da tarde a dez da noite. A entrada custa dous euros.

    Redacción Salnés