A Fundación Galega contra o Narcotráfico presenta o seu debate anual

    CAMBADOS > A Fundación Galega contra o Narcotráfico, con motivo da súa gala anual, organiza un foro de debate…

    …para abordar temas en torno á problemática do narcotráfico e as súas consecuencias na sociedade. Este ano, o debate constará de dúas partes, unha o xoves en Cambados e outra o venres en Vilagarcía.

    Responsables da fundación fixeron unha valoración da operación Piraña, reclamando que se cumplan as penas impostas e que sirva de algo a loita contra o narcotráfico que é un problema que atañe a tódolos cidadáns.

    A primeira das xornadas debate organizadas pola Fundación, terá lugar en Cambados baixo o título”Los ojos vendados: llega la coca”. Tratará temas de prevención e consumo de cocaína , para entender mellor aspectos inherentes ó consumo e coñecer as actuacións necesarias para a prevención, especialmente entre os máis xóvenes.

    A segunda xornada titulada, “S.O.S. La coca negra en ruta”, terá lugar en Vilagarcía e centrarase na loita contra o narcotráfico, co obxectivo de informar e debatir acerca dos aspectos máis relevantes do problema.

    Esta xornada terá como colofón, a entrega de premios anuais da Fundación Galega contra o narcotráfico.

    Redacción Salnés