![]()
VILAGARCÍA> O baleirado do encoro do Con provocou estragos en varias fincas de Castroagudín
{flowplayer}images/salnes/DenunciaEncoroCon_150113.flv{/flowplayer}
O encoro do Con está a ser obxecto nos últimos días dunha serie actuacións de mantemento para mellorar a impermeabilidade do mesmo. Por poder colocar o cemento que evitará as filtracións e a perda de auga, foi preciso baleirar o encoro ata ó 20% do seu nivel.
Do que ninguén se decatou foi de onde iría parar esa auga. O que sempre fora un regato, coverteuse nun auténtico torrente nos últimos días atravesando varias fincas da parroquia vilagarcián de Castroagudín, coa consecuente indignación dos veciños.
Piden responsabilidades, ven a Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, ou ó propio concello vilagarcián.
Agardan que alguén se poña en contacto con eles para que lles aclaren o sucedido e evitar que se poida repetir un feito así no futuro.
Redacción Salnés









