![]()
BARBANZA > Vivenda adxudicou a redacción do proxecto sectorial do parque empresarial do Barbanza á empresa Técnicas Territoriales Urbanas S.L.
O orzamento para a elaboración dos documentos, que deberán estar concluíods antes do 15 de decembro, ascende ós 524 mil euros.
Ademais da redacción dos proxectos sectorial e de urbanización, a empresa adxudicataria asumirá a redacción do estudo de impacto ambiental, estudo de prospección e informe arqueolóxicos, estudo de seguridade e saúde e o Plan de Calidade. Os documentos deberán estar entregados antes do 15 de decembro para iniciar a tramitación administrativa do proxecto a principios de 2008 co obxectivo de licita-la obra no cuarto trimestre do ano.
O investimento total para a construción do parque empresarial do Barbanza, situado entre os concellos de Ribeira e da Pobra, é de máis de 32 millóns de euros, dos que máis de de 27 se dedicarán á urbanización e 4’1 millóns destinaranse á adquisición dos terreos.
Unha vez rematada a obra, o polígono contará cunha superficie dun millón de metros cadrados. Máis da metade será de uso industrial mentres que 312 mil destinaranse a espazos libres, 124 mil a rede viaria e 31 mil metros cadrados para equipamentos.
Naves modulares
O parque contará ademais con naves modulares de 500 metros para os pequenos empresarios que poderán acceder a elas en réxime de aluguer con opción de compra unha vez trasncorridos dez anos. Está prevista tamén a instalación dun edificio de usos múltiples con espazos comúns para facilitar o acceso ás novas tecnoloxías.
Con esta gran obra, incluída no proxecto Galiza Suma impulsado pola Consellería de Innovación e Industria, preténdese dar resposta á crecente demanda de chan industrial na comarca do Barbanza, a través da creación dun parque estratécico e ben dimensionado que conta coas dotacións e servizos necesarios.
{flowplayer}barbanza/parqueempresarialbarbanza.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza









