Ramón Caride, con ‘O frío azul’, novo premio Lueiro Rey de novela curta

xurado_lueiro100_121107.jpgO GROVE > Xa hai gañador para o premio de novela curta Manuel Lueiro Rey. O xurado reuniuse o sábado e acabou elixindo ‘O frío azul’, …

… unha novela histórica escrita por Ramón Caride Ogando. Nesta edición, concorreron vinte traballos.

Un señor feudal que acaba sendo abade no mosteiro de Oseira, é o protagonista de O frío azul, a novela gañadora do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. O xurado reuniuse esta fin de semana no Grove para deliberar e acordou por unanimidade conceder os tres mil euros do premio á novela escrita por Ramón Caride Ogando, que será ademais publicada pola editorial Sotelo Blanco.

Trátase dunha novela histórica dunhas setenta páxinas narrada por dúas personaxes principais. Está ambientada no século dezaseis e a acción transcorre en distintos lugares de España, aínda que o marco principal é o mosteiro de Oseira. En canto ó titulo, O Frío Azul, di o seu autor que se debe a que todo comeza no medio dunha gran nevada cando un estranxeiro chega ó mosteiro.

O Lueiro Rey entregarase en decembro e, o Concello traballa na organización de diversas actividades para darlle un novo impulso ó certame.

Redacción Salnés