Maratón de curtametraxes no Auditorio

curtasliceo_100_181006.jpgVILAGARCÍA > Continúa a proxección das curtas seleccionadas no Certame Audiovisual Internacional do Liceo Casino de Vilagarcía ….

… Mañá será o último pase na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal e o venres coñeceranse os premiados desta 34 edición.

O concurso audiovisual do Liceo Casino de Vilagarcía está a piques de baixar o seu pano. Desde o sábado a Sala de Conferencias do Auditorio ofrécese a partir das seis da tarde unha proxección ininterrompida de das curtametraxes seleccionadas. A desta 34 edición foi unha criba complicada para a organización, das 327 cintas que se presentaron a concurso, só se quedaron con 38 películas.

curtaliceo_200_181006.jpgUnha ducia delas son galegas, entre as que se atopan ‘O conxuro’ de Pablo Millán, e ‘Febrero, domingo’ de David Hernández, ambas procedentes de Vilagarcía. Outras tres chegaron de Pontevedra, Fernando Cortizo concursa con dúas curtas ‘O Boiro’ e ‘El ladrón de muñecas’, e Mario Iglesias con ‘Vecinos’. O resto son doutros lugares de España, agás dúas cintas que chegaron de Arxentina.

Mañá será a última proxección e o venres xa se darán a coñecer os ganadores. A cerimonia de clausura iniciarase ás nove da noite no Auditorio Municipal co actor Carlos Blanco como padriño. Repartiranse máis de 10.000 euros entre os apartados de mellor audiovisual, novos realizadores, premio especial Animación e os premios Liceo Casino e Galicia. O do Liceo de Vilagarcía e o festival máis veterano de Galicia cunha historia que se inicia en 1973 como certame de cine afeccionado e que se nutre co paso dos anos de directores e actrices de renome como Chano Piñeiro, Juan Pinzás, Pilar Barden ou Victoria Abril.

Redacción Salnés