Política Territorial acudirá ó xulgado para retomar as obras da autovía en Sanxenxo

    PONTEVEDRA > Política Territorial impugnará no Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra a decisión da alcaldesa de Sanxenxo de parar as obras da autovía do Salnés neste municipio.

    luisvazquez200_141107.jpgA Xunta aclarou hoxe varios asuntos no conflicto que mantén co Concello de Sanxenxo, no tocante ó enlace do polígono de Nantes coa autovía do Salnés. Para empezar o secretario xeral de Política Territorial, Luís Vázquez, falou das expropiacións, un proceso, dixo, rematado en maio de 2006 sen que houbera alegación algunha. Por iso di que ‘sorprende que ano e medio despois se poña esto en cuestión’. Vázquez refírese ós 23.000 metros da discordia, os que o Concello di que son seus e nos que non permite obrar á empresa adxudicataria das obras da autovía.

    En canto ó enlace, Luís Vázquez insiste en que Política Territorial favorecerá a súa execución pero non asumirá o seu custe. Así o indicou baseándose en informes do anterior goberno da Xunta e na lei vixente que indican que ‘a conexión de urbanizacións cos sistemas de comunicación xerais deben ser financiados con cargo ás plusvalías que xera ese aproveitamento urbanístico’.

    Será un dos argumentos que esgrimirá Política Territorial para obter un permiso xudicial e poder así continuar coas obras da autovía. Sen embargo, a consellería pide cordura á rexedora para que rectifique e impida así o enfrontamento entre administracións. Luís Vázquez entende que Catalina González ‘está a usar a presión para que a Xunta financie algo (o enlace) que deben financiar os promotores urbanísticos, unha actitude que prexudica os intereses de Sanxenxo, do Salnés e de Galicia’.

    PIDEN DIÁLOGO

    policialocal_autoviasalnes200_141107.jpgA portavoz do PSOE de Sanxenxo, Dulcinea Aguín, considera que o acceso ó futuro polígono industrial non se atopa reflectido en ningún documento oficial . Segundo as fontes consultadas por esta canle os propietarios foron estafados mediante un compromiso verbal de que se ía a executar dito entronque. Os socialistas apuntan que adxudicación destas obras xa estaban concedidas polo anterior grupo de goberno, e que o único que está facendo Política Territorial é levalas ó cabo. Aluden á responsabilidade e ó diálogo.

    Dende o BNG cren se ten que chegar a un consenso mediante o dialogo, Para o BNG o bloqueo das obras pola policía unha coacción por parte do concello, sen deixar de lado a ineficacia, segundo os nacionalistas de Política Territorial, que sabendo que o enlace é necesario para o polígono faga agora oídos xordos ás situación. por iso dende O BNG ven necesario que ambas partes se senten a dialogar.

    A Xunta de Compensación do Polígono de Nantes pide, pola súa banda, que Xunta e Concello desbloqueen o problema do acceso ó polígono, ‘polo ben de Sanxenxo e polo ben da economía da comarca do Salnés’. Que non se faga ese enlace implica, segundo esta xunta de compensación, que se poñen en perigo os cinco mil postos que estiman xerará o parque empresarial.

    Redacción Salnés