RIANXO > O portavoz de Pesca do PPdeG, Xosé Manuel Balseiro, e a deputada Rosa Oubiña reuníronse con representantes da confraría Virxe do Mar.
{flowplayer}barbanza/indemnizacionsppdeg.flv{/flowplayer}
Ano e medio despois das riadas que botaron a perder boa parte dos bancos marisqueiros de Galicia, as mariscadoras de Rianxo continúan sen cobrar as indemnizacións polas perdas ocasionadas nas súas concesións.
Por este motivo, o PPdeG presentou unha iniciativa no Parlamento para que o Consello Consultivo avalíe o dereito de reclamación de responsabilidade patrimonial e se proceda ó abono das indeminazacións. Así o anunciou esta mañá en Rianxo o portavoz de Pesca do PPdeG, Xosé Manuel Balseiro.
Reponsabilidade patrimonial
Os populares consideran que existe responsabilidade por parte da administración posto que se trataba dunha catástrofe previsible e evitable. Lembran que dende que se produciron os incendios, o seu grupo presentou numerosas iniciativas no parlamento solicitando a toma de medidas.
Da mesma opinión é a directiva da confraría Virxe do Mar de Rianxo. O seu patrón maior, Baltasar Rodríguez, denuncia a situación en que aínda se atopan a praia da Torre ou a enseada de Beluso, con bancos totalmente impordutivos pola presenza de capas de lodo. Neste sentido, insta ós técnicos da Consellería de Pesca a desprazarse ata Rianxo para comproba-la magnitude da catástrofe que reduciu en torno a un 50 % os ingresos das mariscadoras.
Precisamente o colectivo máis afectado, o das mariscadores de a pé, amosouse moi crítico coa xestión da actual Conselleira de Pesca. A súa presidenta, Vicenta Reboiras, comparou a crise ocasionada polas riadas co desastre do Prestige, criticando que a administración autonómica tentara minimizar o problema.
Redacción Barbanza