Os armadores da ría de Arousa piden que se adiante a campaña da centola

    armadores_100_001.jpgVILAGARCÍA > A asociación galega de Armadores de Pesca Artesanal, AGAPA, quixo manifestar onte o seu desacordo coa Consellería de Pesca

    …que lles negou a súa solicitude para anticipar a data de apertura da campaña da centola. Os armadores aseguran que na ría de Arousa o crustáceo está listo para a súa extracción.

    En AGAPA hai armadores de pesca artesanal de tódalas confrarías da Ría de Arousa. Viven todos eles da captura da centola, un crustáceo que ata o vindeiro 23 de novembro non se poderá capturar nin poñer á venda. Para estes armadores a petición de que se adiante a veda da centola para o 1 deste mes é xa unha vella reinvindicación. Din que cada vez se lles recortan máis os días de traballo, e que os meses de maior demanda deste marisco son os anteriores ó Nadal.

    Para a Concellería de Pesca o principal motivo para retrasar a campaña é que o crustáceo aínda non está suficientemente maduro. Tamén argumentan que é preciso que todo o sector de Galicia estea de acordo. Porén os armadores din que non tódalas rías son iguais, e que a de Arousa sempre foi a máis precoz, na que primeiro se forma e esta lista para o consumo a centola. Propoñen como solución unha apertura das vedas escalonada, en función do estado do marisco en cada zona, como sa se fai con outros produtos coma o polbo.

    fotoconfraria_200_001.jpgUnha mostra para eles de que a centola xa está lista para o consumo é esta fotografía, tomada a comezos deste mes, na que a Xunta e o patrón maior do Grove, Francisco Iglesias, están a promociona-lo marisco da ría en Madrid, asegurando que está en excelentes condicións. Os armadores tamén critican o intrusismo que se dá no seu sector. Din que calquera mariñeiro poderá capturar e vender a centola a partir do 23 de novembro, algo que non se lles permite facer a eles co resto dos mariscos. Aseguran ademais que non contan co apoio das súas confrarías e que se senten discriminados.

    Redacción Salnés