Detido por tenza ilícita de armas tras colgar un vídeo en internet

BOIRO> A Garda Civil de Boiro detivo a un pobrense por tenencia ilícita de armas. O home, de corenta e nove anos, colgou un vídeo nas redes sociais amosando algunhas das armas que el mesmo modificara. No rexistro domiciliario, os axentes acharon numerosas armas, munición e varias cantidades de drogas, polo que tamén se lle imputa outro delito contra a saúde pública.

Foi o propio detido quen se delatou ó colgar un vídeo nas redes sociais amosando un rifle de alta potencia, previamente modificado, co que efectuaba disparos. Non foi difícil localizalo posto que o home xa contaba con antecedentes por tráfico de drogas.

Tralas investigacións realizadas, os axentes da Garda Civil de Boiro procederon ó rexistro do seu domicilio onde se incautaron de numerosas armas longas e curtas tanto de aire comprimido como de fogueo. Tamén acharon varias réplicas de airsoft e un arco de caza así como unha escopeta de caza co canón e a culata recortada. Tamén atoparon armazóns e canóns fabricados en plástico mediante impresoras 3D. Tódalas armas incautadas carecían de documentación e permiso.

demais dun delito de tenencia ilícita de armas, o detido está acusado doutro delito contra a saúde pública posto que no rexistro tamén se interviñeron diversas cantidades de haxix e marihuana así como útiles para manipulación das drogas.