Adolfo Pérez Esquivel visita a súa obra o Parque da Memoria

    perezesquivel100_151107.jpgPOIO > O premio Nobel de Paz e arquitecto Adolfo  Pérez Esquivel encárgase do deseño do Parque da Memoria, en A Seca, Poio.

    Teñen previsto que se inaugure para o próximo mes de maio e nel figurarán escritos de diversos premios Novel, así como esculturas dedicadas a Rosalía de Castro, Castelao e Alexandre Bóveda.

    En mil novecentos oitenta recibiu o Premio Novel da Paz, polo seu compromiso coa defensa dos dereitos humanos en Iberoamérica. Hoxe, Adolfo Pérez Esquivel, traballa xa no que será cara a maio, o Parque da Memoria.

    Dalai Lama, Desmond Tutu, José Saramago ou Rigoberta Menchu, participarán tamén cos seus escritos e espérase que veñan a inauguración do Parque.

    Esta mañá, Pérez Esquivel entregou os bocexos das esculturas na Escola de Canteiros. Elixiu para formar parte do parque, as figuras de Rosalía de Castro, Castelao e Alexandre Bóveda A escultura central está sobre unha rosa dos ventos cuxa decoración foi encargada a Isaac Díaz Pardo, con detalles de cerámica de Sargadelos.

    O conxunto do Parque pretende, segundo Nobel, ser a unión de América con Galicia, integrar diferentes culturas americanas na nosa comunidade e tamén un regalo aos loitadores, aos emigrantes que contribuíron á cultura iberoamericana.

    O próximo luns chegará unha das esculturas de Buenos Aires e de alí virán tamén árbores e vexetación autóctona, que se dea ben no lugar.

    Redacción Salnés