Unha boiresa é brutalmente agredida na súa vivenda por un atracador

    atracoboiro_100_151107.jpgBOIRO > A muller resultou agredida ó sorprender ó atracador no interior da súa vivenda. Despois de propinarlle unha brutal paliza, o ladrón logrou escapar cun botín de 75 mil euros.

    A propietaria do chalé no lugar de Triñáns, na parroquia boiresa de Abanqueiro, foi agredida nada máis atravesa-la porta de entrada da súa vivenda. Segundo sinalaron fonte policiais o atracador, que se atopaba xa no interior, portando unha pistola eléctrica que produce descargas e un coitelo, abalanzouse sobre ela, dándolles golpes e patadas por todo o corpo. Aínda que nun principio a vítima intentou escapar polo xardín, non o conseguiu, e foi levada polo ladrón a rastras ata o interior da casa, onde a ameazou, obrigándoa a entregarlle diversas xoias e diñeiro en metálico por valor duns 75 mil euros. A maioría dos veciños de Triñáns descoñecían esta mañá o suceso. Outros pola contra sinalaron, fóra de micro, que se enteraron polo xornal, aínda que a nova empezaba a ser un segredo a voces na aldea.

    Desconfianza

    A pesar de que consideran que se trata dun suceso pouco habitual, os veciños da zona sinalaron sentir certa desconfianza ante o feito de que se volvan a producir novos casos. As forzas da orde continúan coas investigacións coa finalidade de dar co paradoiro do presunto atracador.

    {flowplayer}barbanza/atracoboiro.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza