RIBEIRA> O concello de Ribeira acollerá ó longo do mes de abril numerosas actividades culturais. Ademais das propostas infantís destacan dous seminarios para público adulto en colaboración coa Universidade de Santiago.
Abril é un mes do máis prolífico en materia cultural xa que se celebran o Día das Artes Galegas, o Día do Libro e o Día do Libro Infantil e Xuvenil Por esta razón, o concello de Ribeira programou unha serie de actividades que darán comezo mañá memso coa presentación do libro ‘Comando Sintrom’. O día 18 terá lugar unha nova saída ó teatro.
Tódolos sábados do mes, o Centro Cultural Luestres Rivas acollerá sesións de contacontos para público familiar mentres que o museo municipal acollerá diversas actividades sobre o traxe tradicional galego.
Destaca tamén a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela cunha nova edición do progrrama Camiños de Coñecemento e Experiencia e un seminario sobre gravado que se impartirá na Casa da Xuventude e no propio museo de Artes.











