A X Edición de Pomovil arranca con grandes expectativas

    PONTEVEDRA > Pontevedra estreou esta mañá un décimo Salón do Automóbil de auténtico luxo…

    …con varios modelos que se presentarán na feira, para toda España. É o caso do BMW Coupé e o Mini clubman, que estiveron cubertos ata as oito da noite, momento da presentación.

    Ademais a Feira ofrece un Cursiño de Condución Segura e o 2º Slálom Pomovil, preparado para o domingo. Hoxe inaugurouse o décimo Salón do Automovil de Pontevedra.

    A exposición converteuse nunha cita obrigada para os amantes do motor, e ademais nunha das poucas referencias para coñecer varios modelos de turismos que sairán ao mercado en próximas datas.

    O Fiat 500, o Mazda dous, o Audi R oito ou o novo Renault Laguna, son tan só algunhas das novidades desta edición da Feira.

    A Cámara de Comercio, organizadora de Pomovil, fai unha chamada de atención ante o segundo Slálom Pomovil, que terá lugar o domingo a mediodía, na explanada dianteira do pavillón feiral, así como o sorteo de doce inscricións para o cursiño de Condución Segura, ofrecido por profesionais e valorado en catrocentos cincuenta euros.

    Redacción Salnés