Abuín visita as obras de acondicionamento da praza de abastos

    rosaabuin100__001.jpgVILAGARCÍA > A Concelleira de Innovación e Promoción Económica de Vilagarcía, Rosa Abuín, visitou esta tarde as obras de mellora das instalacións da praza de abastos.

    Trátase dunha serie de reformas puntuais de urxencia, ante o deterioro que os comerciantes e os usuarios da praza levan tempo denunciando.

    As obras que se están a levar a cabo na Praza de Abastos son na súa maioría pequenas remodelacións para un acondicionamento externo e interno da praza. Esta mellora das instalacións vai vir acompañada dunha campaña de promoción da que o concello está a ultima-los seus últimos detalles. Co lema MERCA NA PRAZA, MERCA CALIDADE, a corporación local e os comerciantes queren darlle un pulo á praza e dotala dunha nova imaxe corporativa. Pretenden chegar tamén ós máis mozos, conscientes de que cada vez son menos os que elixen o mercado para facer as súas compras.

    As principais reformas consistirán no pintado de paredes e da fachada , sustituír portas e azulexos, colocar falsosteitos ou mellora-lo alumeado, ademais dos traballos de limpeza. Pola súa banda os comerciantes da praza amósanse positivos ante o apoio que observan se lles está dando dende o concello.

    Con estas reformas, o que se pretende é soluciona-los problemas da praza a curto prazo, mentres se espera ó remate do proxecto que está levando a cabo MERCASA. Un proxecto que xa leva en estudio case dous anos, e no que se contempla a creación dun novo edificio para a praza.

     Redacción Salnés