Familiares e amigos despiden ó buzo falecido o sábado na ría de Pontevedra

    SALNÉS > Familiares e amigos despediron esta tarde ó buzo Diego Domínguez, de 26 anos de idade, falecido esta fin de semana mentres pescaba a pulmón nas inmediacións da illa de Ons…

    … Os restos mortais saíron do tanatorio do Vinquiño, en Sanxenxo, ás catro e media da tarde cara o cemiterio de Dena, en Meaño, onde recibiu sepultura.

    rescate_buzo300_191107.jpgDiego Domínguez, un veciño de Dena (Meaño) de 26 anos desaparecera o sábado mentres practicaba pesca a pulmón nas inmediacións da illa de Ons. Sobre as dúas da tarde os seus amigos decatáronse de que non saía á superficie despois dunha das súas inmersións e deron a voz de alarma. O seu pai, Manuel Domínguez Serén, un coñecido empresario meañés, os equipos de rescate, amigos e voluntarios buscárono durante toda a tarde do sábado sen éxito.

    O domingo aínda non amencera e xa se botou ó mar desde O Grove un espectacular dispositivo de busca capitaneado polo propio pai. A eles sumáronse efectivos desde Marín e Portonovo. Foi ás once da mañá cando os submarinistas localizaron o corpo de Diego Domínguez, a 23 metros de profundidade no lugar onde estaba a embarcación na que pescaba o sábado. O cadáver foi trasladado nunha lancha da Garda Civil a Portonovo sobre a unha e media do mediodía. O suceso sorprendeu xa que o mozo era un experto en inmersións. Era buzo profesional e actualmente cursaba estudios no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), da Illa de Arousa.

    Redacción Salnés