O Porto de Vilagarcía poderá descargar peixe conxelado da CPANE

    porto_vila_100.jpgVILAGARCÍA > O Porto de Vilagarcía acaba de conseguir a habilitación para a descarga de peixe conxelado capturado por buques de…

    … terceiros países na zona de regulación da comisión de pesqueiría do Atlántico Nordeste. Esta habilitación ven publicada hoxe no Boletín Oficial do Estado; ca que Vilagarcía pasa a ser o terceiro porto no que se permite ó tráfico de pesca conxelada a maiores dos peiraos de Vigo e Marín, que xa o posúen desde o ano 2007.

    Esta nova capacidade vai a supoñer que o porto vilagarcián recuperará o tráfico de peixe conxelado, que no seu día era soamente de túnidos e que sufrira unha importante reducción nas súas descargas en beneficio doutros portos autonómicos, por razóns económicas e comerciais. Agora, non só se abre o porto á chegada de pesca conxelada de países de fora da Unión Europea, senón que tamén se amplían as especies que poden ser descargadas.

    Redacción Salnés