70.000 euros investidos nunhas melloras case inapreciables

    touris_grove copia.jpgO GROVE> A Xunta sostén que as obras realizadas no ximnasio do IES Monte da Vila son ‘importantes’ para un centro que acaba de cumprir 25 anos.

    {flowplayer}images/salnes/touris_no_grove.flv{/flowplayer}

    A Xunta de Galicia investiu, a través de Educación, 70.000 € no IES Monte da Vila no Grove. As obras realizadas con eses cartos foron para mellorar instalación eléctrica, cubertas, aseos e vestiarios. O delegado territorial da Xunta en Ponteveda, José Manuel Cores Tourís, e o Xefe de Educación, César Pérez Ares, visitaron o centro unha vez rematadas as obras de mellora na zona do ximnasio.

    Os traballos realizados neste espazo non se aprecian demasiado se non se coñecía o centro antes das actuacións, nembargantes, dende a Consellería de Educación aseguran que as obras tiveron a súa relevancia

    O director do Monte da Vila, aproveitou a visita institucional, para solicitar outras melloras que aínda precisa o Instituto. Cambiar o peche exterior do Instituto, que agora é de tela metálica é outra das peticións feitas aos Delegados e na valoración de cadros eléctricos da instalación, figuran deficiencias graves que tamén esperan resolver.

    Redacción Salnés