Portos promete saldar a débeda pendente de infraestructuras en Cambados

    portos_100.jpgCAMBADOS> O Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, visitou esta mañá os portos de Tragove e Santo Tomé en…

    {flowplayer}images/salnes/150709_portos_cambados.flv{/flowplayer}

    …. Cambados. Aquí, o representante do Goberno Galego comprometeuse a levar a cabo varias actuacións de interese para este Concello, como será a segunda fase do peirao de Tragove, que actualmente está en fase de estudio, para poder licitala este ano por valor duns 800.000 euros. Esta ampliación prolongara o peirao ata os 100 metros; o que suporá atracada para embarcacións de maior porte, proporcionando ademais abrigo ó peirao da lonxa.

    Álvarez-Campana afirmou tamén que o ente que preside está a traballar na redacción do proxecto de colocación cun pantalán con catro atraques para embarcacións de pasaxe, que se executará en breve. Asemade, Portos de Galicia comprometeuse á realizar varias reparacións no porto de Tragove, á petición da Confraría local, como son a reparación do alumeado na zona do contradique de abrigo, a reposición da liña eléctrica de alimentación do alumeado na zona de servizos e a construcción de dúas escaleiras para acceso das mariscadoras. O titular de Portos tamén adiantou que ía a revisar as taxas que esta entidade cobra ó Concello de Cambados.

    O alcalde de Cambados, Luís Aragunde, solicitoulle tamén que se estudiase a creación dunhas comportas para o Saco de Ferfiñáns para aguantar a lámina de auga na zona do Pombal, o que suporía unha destacada dinamización dos deportes náuticos, que conlevaría ademais importantes beneficios para o marisqueo. Asemade, reclamou tamén que se retomase o proxecto da área lúdico deportiva, en espera desde fai cinco anos. Como resultado desta xuntanza, o Presidente de Portos comprometeuse a saldar unha débeda pendente con este Concello, primando a dotación de infraestructuras para a pesca e o marisqueo e traballando por integrar o porto ca cidade.

    Redacción Salnés