40 voluntarios vixilarán os montes do Salnés durante a época estival

    voluntarios_incendioscopy.jpgCAMBADOS> Trátase dunha iniciativa que forma parte do programa de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/VOLUNTARIADO_AMBIENTAL_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Vixilancia nos montes, traballos de limpeza e concienciación da cidadanía na importancia de coidalos espazos naturais. Estas son as principais labores dos 40 voluntarios que este verán forman parte do Programa de voluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia. Oito deles ocuparanse esta semana da zona de Cambados.

    O alcalde de Cambados tamén estivo con eles. Luis Aragunde amosou a súa satisfacción ó poder contar co traballo destes voluntarios tan necesario na tempada estival.

    Pola súa banda, Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís destacou ademais, que no que vai de ano foron detidas 128 persoas en relación con incendios forestais. Por iso, tivo palabras de agradecemento non só para estes voluntarios senón tamén para os Corpos de Seguridade que participan nos diferentes operativos.

    Esta iniciativa, que se celebra por primeira vez, é froito dun convenio asinado pola Dirección Xeral de Xuventude e a Dirección Xeral de Montes.

    Redacción Salnés