Prisión sen fianza para un dos seis detidos nunha operación antidroga

    VILAGARCÍA> Prisión provisional comunicada e sen fianza para un dos detidos na operación antidroga que onte se despregou na comarca de O Salnés. Hoxe prestou declaración nos xulgados de Vilagarcía. Tamén o fixeron outros catro dos seis detidos, que o xuíz deixou en liberdade con comparecencias quincenais. No marco da operación realizáronse media ducia de rexistros en Cambados, Vilagarcía, Vilanova e Pontevedra, que se saldaron co achado de quilo e medio de cocaína e case 200 mil euros en efectivo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/12/coleo_redada_xulgados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/12/coleo_redada_xulgados.mp4{/flowplayer}