Vilanova inaugura as obras de remodelación do porto

    portovilanova_100_-_still_006.jpgVILANOVA > A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, e o presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga,…

    …acudiron hoxe a Vilanova de Arousa para inaugura-las obras de remodelación da Dársena Interior e do contradique do Porto.

    Mellora-la capacidade de atraco das embarcacións e as condicións de abrigo, foron os dous principais obxectivos das obras de remodelación do porto de Vilanova. Para a remodelación da dársena interior e do contradique do porto, a consellería de Política Territorial investiu, a través de Portos de Galicia, máis de catro millóns e medio de euros. O alcalde de Vilanova agradeceu a colaboración da administración autonómica para que o concello poida ter agora un porto máis competitivo.

    A Conselleira de Política Territorial tamén quixo destacar hoxe, que ademais das melloras das instalacións portuarias como a de Vilanova, o que é crucial para un avance desta vila, e de toda a comarca, son proxectos en infraestucturas coma a autovía do Salnés e a que une Vilagarcía con Pontevedra. Caride tamén falou sobre o litixio que a súa consellería mantén co concello de Sanxenxo, logo de que o seu goberno local decidise interromper as obras de desdobramento da vía rápida, ó considerar que se invadía terreo municipal.

    Redacción Salnés