Vilanova investirá 22.000 euros na mellora de servizos no Terrón

    terron100_240308.jpgVILANOVA > Vilanova prevé investir 22.000 euros na mellora de servizos na área do Terrón e para iso solicitará axuda á Deputación de Pontevedra.

    O Concello actuará na zona que se atopa inmediatamente á saída da pasarela, na praia do Rompeolas. Con ese investimento mellorarase a iluminación e dotarase a esta zona de papeleiras, puntos de ducha e bancos de descanso.

    Este é un primeiro paso para ir mellorando a zona que acollerá o futuro complexo lúdico deportivo do Terrón. Na actualidade está funcionando o campo de fútbol, pero aquí tamén se contempla a construcción de pistas de tenis, de padel e multiusos. O centro de vela e o de talasoterapia tamén terán cabida no Terrón. Precisamente arestora está a exposición pública o anteproxecto técnico da Escola de Deportes Náuticos municipal. Prevese a construcción dun edificio de planta baixa de 727 metros cadrados. O presuposto desta obra ascende ós 200 mil euros.

    Redacción Salnés