Durán cumpre a súa palabra e ignora a Santiago no pleno

    duran_100_290606.jpgVILANOVA > Dixo que se non había desculpa que non lle dirixiría a palabra e así foi. O mércores houbo pleno en Vilanova e os ollos estiveron postos no alcalde de Vilanova e na súa actitude fronte ó voceiro socialista. O alcalde mantívose nos seus trece e practicamente ignorou a Rodrigo Santiago durante a súa intervención.

    duransantiago_300_290606.jpgO alcalde de Vilanova Gonzalo Durán cumpriu a súa palabra e practicamente ignorou ó voceiro do PSOE no pleno celebrado este mércores. O rexedor evitou incluso miralo e non contestou a ningunha das preguntas formuladas por Rodrigo Santiago sobre o acordo coa Caixa de Anticipos da Deputación para comprar terreos no Terrón.

    Finalmente o voceiro socialista tivo que dirixirse ó secretario municipal para pedir un informe de Intervención que aclarase as súas dúbidas. O PSOE esixiu un informe no que constase se con esta solicitude se vulnera o Plan de Saneamento Económico no que está inmerso o concello e si se cumpren os requerimentos de estabilidade económica. O acordo coa Caixa de Anticipos da Deputación da Deputación de Pontevedra supón que o concello percibirá 420 mil euros. Con esto a cantidade total que se destinará á adquisición de parcelas no Terrón superará os 770 mil euros, ó engadirse á consignación anunciada xa por Rafael Louzán con cargo ó PAM. Finalmente, o punto saíu aprobado só cos votos a favor do PP.

    Onde si houbo unanimidade neste pleno foi na moción para nomear fillo predilecto a Xosé Vila Fariña. Trala votación os grupos dedicáronlle un aplauso ó historiador vilanovés.

    Redacción Salnés