O Alcalde de Vilanova reuniuse esta mañá ca CPTOPT

    estradacoron_100.jpgVILANOVA > O Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, reuniuse esta mañá en Santiago con representantes da Consellería de Política Territorial…

    … para abordar o proxecto de mellora da seguridade vial da estrada PO-549 ó seu paso por Corón. Na súa visita o rexedor vilanovés estivo acompañado, entre outros, dos voceiros das distintas forzas políticas deste concello, ademais do seu edil de Corón, Javier Tourís. Este último edil definiu o encontro como un engano e unha tomadura de pelo.

    Estes representantes do Concello vilanovés están anoxados ca medida acordada pola COPTOPT de seguir adiante co proxecto; sen aceptar ningunha das modificacións propostas que presentaba o consistorio, tras chegar a un consenso ca veciñanza.

    Estes veciños non queren que se constrúa nesta estrada ata seis novas rotondas; porem piden no seu lugar que se adoptan melloras relativas á seguridade vial, como poden ser beirarrúas, marquesiñas ou aparcadoiros. Mañá mesmo, os representantes municipais van a comezar a decidir o tipo de medidas que van a adoptar para paralizar estas obras, ata que se axusten ós intereses da veciñanza.

    Redacción Salnés.