Boiro levará mañá a pleno a constitución da Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero

BOIRO> A constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero xa fora aprobada pola corporación municipal no ano 2020, pero por diferentes motivos aínda non se puxera en marcha.

A proposta será levada novamente mañá a pleno para a súa activación definitiva, sendo ademais unha das prioridades da edil de Igualdade, Dores Torrado, cando chegou ó goberno municipal.

Con este órgano o que se busca é desenvolver accións e garantir a igualdade plena entre homes e mulleres.

Segundo explicou a propia edil de Igualdade, a finalidade é que a Mesa se reúna alomenos de xeito semestral. Estará constituída por persoal técnico municipal do Centro de Información á Muller e Servizos Sociais, a Policía Local e outras forzas e corpos de seguridade, así como tamén por representantes dos ámbitos sanitario e educativo, entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí