O Ministerio de Fomento descarta construír a macrorrotonda no nó do Pino

    n_do_pino_100.jpgPONTEVEDRA > O Concello de Pontevedra nega que a construcción dunha macrorrotonda na entrada sur da Cidade, sexa a solución…

    …o nó do Pino.

    Esta sentencia está abalada polo informe previo que a demarcación de Estradas do Ministerio de Fomento encargou á consultora Ciisa. Esta empresa realizou, antes de nada, un estudio completo sobre o volume do tráfico dos distintos ramais que conflúen neste punto. O mesmo reflicte, en termos cuantitativos, que por este punto pasan máis de 51.500 vehículos diarios, dos que 3.000 son vehículos pesados.

    Con estes datos, a empresa concesionaria, barallou nove variantes para este punto; sendo a macrorrotonda proposta polos populares unha das peores solucións. Entre outros defectos, esta empresa sinala que as rotondas, a partir dunha medida de radio determinada xa non supoñen unha solución, senón un atranco.

    Ademais, tampouco é significativo que teña tres carrís posto que non axudaría a aliviar o tráfico. Desde este informe sinalan tamén a inconveniencia de suprimir o paso elevado que existe entre a PO 10 e a Po 542; no eixo entre a autopista e O Marco.

    O Concello cre que a supresión deste paso supoñería unha maior saturación da presunta nova macrorrotonda. No proxecto dos populares contemplase tamén a supresión da entrada en exclusiva ó Centro comercial Carrefour, polo que os usuarios terían que acceder a el desde a autopista, no suposto de que se puidera facer un acceso desde a mesma.

    Por todo isto, e logo do informe sobre o terreo da empresa Ciisa, estímase convinte construír unha rotonda de pesas: cunha rotonda construída na zona Norte, na parte baixa, á carón do supermercado Lidl, e outra sur ou elevada. Esta solución supoñería na práctica que o tempo de espera nos accesos de cada unha non superaría os 6 segundos; e que a ringleira de vehículos para agardar a entrar non excedese dos 8 vehículos na rotonda norte, ou dos 5 na sur.

    Os técnicos estiman que esta proposta técnica de acometer dúas rotondas no eixo da estrada N-550, posibilitaría a fluidez do tráfico nos vindeiros 22 anos.

    Redacción Salnés.