A Deputación mellorará varias rúas de Pontecesures e o Campo de fútbol

    louzan_pontecesures100_201107.jpgPONTECESURES > Un día importante para Pontecesures. Así o cualificou o presidente da Deputación

    …Rafael Louzán esta mañá, na entrevista que mantivo coa alcaldesa e o grupo de goberno, para analizar distintas propostas de actuación da institución provincial, no concello de Cesures. Case 2 millóns de euros investirá a institución provincial e o concello, nestas actuacións cara ao 2008

    Logo de facer a entrevista no concello e ver os planos das obras que se levarán a cabo, o presidente quixo visitar in situ, os lugares das actuacións que levarán a cabo. Concretamente as rúas San Lois, Sagasta e Víctor García terán un novo alumeado. As rúas Deputación e Namorados cambiarán o abastecemento de auga e as beirarrúas e, por último, na zona do Porto executarase unha importante restauración do Campo de fútbol, instalando cara ao mes de setembro, céspede artificial.

    Concello e Deputación coincidiron no bo ambiente no que se desenrolou a visita e, por parte do organismo provincial, quedou pechado o compromiso de levar a cabo as mencionadas actuacións na mellora das principais rúas de Cesures, sen esquecer o wi fi, algo que, sobre todo os rapaces, non deixan de reclamar.

    Maribel castro, alcaldesa de Pontecesures espera e confía en que as obras se levan adiante, mostrouse agradecida e non descarta a axuda de outras institucións para lograr un concello aberto e de calidade

    O equipo de goberno de Pontecesures, convidou tamén ó representante da oposición, o voceiro do BNG, Álvarez Angueira, que asistiu a entrevista no concello, co fin de realizar suxestións sobre as necesidades desta vila. Agora queda esperar a que tanto concello como Deputación, aproben os presupostos para comezar as obras

    Redacción Salnés