Rosa Quintana: ‘O proxecto de dragaxe do Lérez cumpre escrupulosamente a normativa ambiental’

BARBANZA> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, insiste en negar que actualmente se estean realizando vertidos de lodos procedentes do Lérez en Sálvora, e que se diga que os áridos desa zona están contaminados, cando non é certo. Quintana responde así ó que considera unha campaña de difamación por parte de determinados grupos que busca degradar a imaxe de calidade dos nosos produtos pesqueiros e marisqueiros.

Así de tallante se mostraba a titular de Mar, Rosa Quintana, despois dun encontro con xornalistas en ambas marxes da ría de Arousa. Con el pretendía responder ás dúbidas existentes respecto ó proxecto de dragaxe do río Lérez e a posibilidade de que os áridos que se retiren desa zona sexan depositados nuns dos seis puntos de vertido autorizados existentes na nosa costa, concretamente o que se sitúa entre as illas de Sálvora e Ons. Segundo ela o proxecto, que cumpre escrupulosamente a normativa ambiental, atópase aínda nunha fase moi inicial, e nin sequera se iniciou.

Rosa Quintana apunta tamén a que aqueles que pretenden a clausura dese punto de vertido, non buscan máis que o esmorecemento do sector pesqueiro e marisqueiro.

O proxecto de dragado do Lérez está pendente do informe de impacto ambiental e da súa exposición pública, onde se recollerán as posibles alegacións. Unha tramitación que no mellor dos casos non estaría rematada antes de dous anos.