PONTEVEDRA > Os gardarraís das estradas provincias de Pontevedra van ser sustituídos por outros homolagos e máis seguros.
Esta é unha das medidas que a Deputación vai asumir nos presupostos do ano vindeiro ante as queixas dos motoristas e o alto número de mortes nas estradas que producen.
A retirada dos actuais gardarraís das estradas é unha vella reclamación dos condutores de motos pola súa perigosidade. Tamén coñecidos coma quitamedos, a súa franxa lonxitudinal de aceiro galvanizado, provocoulle a morte a un importante número de motociclistas. A decisión da Deputación de Pontevedra de sustituílos por outros homologados e sen perigo para os motoristas só se vai aplicar na rede de estradas que son competencia do ente provincial, pero para os condutores destes vehículos xa se deu un paso importante. Manuel Picón, o Presidente da Plataforma Motera para a Seguridade Vial, o que é necesario agora é que o resto de organismos e institucións públicas secunden a medida da deputación nas estradas que sexan da súa competencia. No que levamos de ano máis de catrocentos motoristas morreron nas estradas españolas. Un 47 por cento destas mortes foron provocadas polos gardarraís.
A partida presupostaría da Deputación para elimana-los actuais quitamedos das estradas ascende ós 600.000 euros. Pero a sustitución por outros menos perigosos farase por fases. Primeiro comezarase polas estradas provinciais máis transitadas, e naquelas comarcas que teñen un maior número de viais.
Redacción Salnés