Feijoo propón un novo hospital nos mesmos prazos que a ampliación

    feijoo_pontevedra100_260609.jpgPONTEVEDRA> A Xunta de Galicia propón a construción dun novo hospital en Pontevedra en vez da ampliación prevista en Montecelo.

    {flowplayer}images/salnes/feijoo_pontevedra_260609.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia propón a construción dun novo hospital en Pontevedra en vez da ampliación prevista en Montecelo.

    Así llo comunicou hoxe o presidente Alberto Núñez Feijoo ó alcalde de Pontevedra na primeira visita institucional a este Concello. Para o goberno galego esta é a solución óptima ós problemas sanitarios desta área. Segundo indicou, a intención é iniciar o novo hospital en 2011 e asegurou que non haberá atrasos con respecto ós prazos da ampliación, que era de 66 meses.

    O alcalde coñecerá o proxecto o luns na Consellería de Sanidade e ata entón dixo que non se pronunciará. Sen embargo amosou a súa preocupación polos prazos deste novo proxecto. Lores cre que só a tramitación levaría máis de dous anos.

    O presidente da Xunta indicou á corporación local que mantén o seu compromiso de trasladar Ence de Lourizán. Feijoo asegurou que así llo dixo tamén ó propio presidente da empresa. Na reunión desta mañá, tamén se falou do polémico decreto das cinco delegacións territoriais. O alcalde insiste en que co tempo será negativo para o estatus de capital de Pontevedra. Feijoo reiterou que non é certo.

    Feijoo e Lores falaron tamén do saneamento integral das parroquias rurais. O presidente da Xunta asegurou que se investirán 5,7 millóns de euros. En canto á ronda urbana, asegurou que se atopa en tramitación na Consellería de Infraestruturas.

    Na visita a Pontevedra, Feijoo non se librou da rifa que lle botaron os traballadores do metal que están en folga.

    Redacción Salnés