RIANXO> Gran éxito dos vermús musicais Arousa Norte que cada domingo se desenvolven simultáneamente nos catro concellos da comarca. Trece grupos dos máis variados estilos achegan a súa música a todo tipo de públicos. Nesta segunda edición, os vermús musicais de Arousa Norte consolidáronse xa como un ciclo de concertos de referencia na comarca. Os concellos de Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo acollen cada domingo á unha da tarde unha sesión musical simultánea composta dos máis variados estilos musicais. Diversidade e calidade para tódolos públicos. Para mostra, o concerto de Dixielites celebrado este domingo en Rianxo cunha fusión de jazz e música xamaicana.O éxito colleitado nestes dous primeiros anos garante a continuidade dos vermús musicais, unha iniciativa promovida pola Pousada Producións que conta co apoio da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte que ve na música un valor engadido a tódolos atractivos que ofrece a comarca.
Inicio Barbanza - Muros - Noia