O concello presenta a oferta de emprego público aínda sen publicar no boletín

    ofertaemprego100_221107_001.jpgPONTEVEDRA > O concelleiro de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio, José Antonio García Lores, estreouse hoxe…

    …ante os medios para presentala oferta de Emprego público do 2007. No ano pasado non houbo oferta e este ano levaron ao pleno a creación de 19 postos de traballo, pola necesidade cada vez máis grande de cubrir postos que teñan que ver sobre todo coa administración e a tesorería. En total, sairán publicadas 42 prazas de diversa denominación.

    Na súa primeira comparecencia ante a prensa, o concelleiro de Persoal, José Antonio García Lores manifestou que pretenden con estas prazas estabilizar a plantilla de funcionarios cun dez por cento máis dos catrocentos setenta e tres traballadores que xa hai. Pídense administrativos, ordenanzas, operarios e ata un pedagogo.

    As corenta e dúas prazas que se ofertan están pendentes de ser publicadas no boletín oficial e esperan que se tome posesión da praza o un de xullo.

    Dúas novidades marcan esta proposta de emprego público. Por primeira vez poderanse presentar ás oposicións os maiores de 16 anos que teñan a titulación pertinente e ademais nos tribunais non haberá nin políticos nin sindicatos.

    Hai tamén dezaoito vacantes de bombeiros e policías que están pendentes de cambiala súa denominación e polo de agora non saíron ofertadas e incluiranse na oferta pública do dous mil oito.

    O concelleiro resaltou que o ratio de funcionarios por cada cidadán, é en Pontevedra, máis baixo que no resto do Estado. A ratio media española é de un funcionario por cada 77 cidadáns e en Pontevedra hai tan só un funcionario por cada 180 cidadáns.

    No concello tamén están a espera de que o novo edificio de Campolongo poida albergar algún servizo público. Negocian ca Xunta adherir Facenda a este edificio e non descartan alugar un máis na rúa Marca.

    Redacción Salnés