Continúa o encerro dos veciños de Poio no concello

    vecinospoio_100_001.jpgPOIO > Os veciños de Poio están decididos a seguir coas súas protestas ó proxecto de mellora da estrada PO 308, …

    que une a localidade con Sanxenxo pola costa. Din que é unha medida discriminatoria na que se fan expropiacións seguindo favoritismos, e que non se preocupa de elimina-los puntos negros da estrada.

    Esta noite van a durmir por segunda vez no concello. Quéixanse do trato recibido por parte das institucións xa que dende se pecharan no concello ata agora, ningún membro do goberno local foi xunto deles para intentar chegar a un acordo.Son ó redor de 40 veciños afectados, e critican especialmente que o proxecto de mellora da seguridade viaria non contemple actuacións nas curvas máis perigosas da estrada.

    O voceiro do Partido Popular en Poio, Javier Domínguez, visitou hoxe ós veciños e anuncioulles que xa presentaron unha moción de censura ó proxecto no Parlamento, xa que din que é unha chapuza.Pola súa banda, a tenente de alcalde de Poio, Chelo Besada, dende o executivo local aseguran que non se dá ningún caso de favoritismo a ningún veciño. Din que se non se tocan as curvas máis perigosas é porque habería que derrubar casas.

    Mañá os veciños volverán a cortar o tráfico de xeito intermitente dende as oito ata as 10 da mañá. Din que están dispostos a seguir encerrados no concello ata que teñan unha solución.

    Redacción Salnés