![]()
RIBEIRA> A medida, que será efectiva a partir do vindeiro luns, non acarreará sanción durante as dúas primeiras semanas despois do cambio.
{flowplayer}barbanza/ampliacionzonaazulribeira.flv{/flowplayer}
Dende o equipo de goberno decidiuse adoptar esta medida despois de constatar o bo funcionamento da mesma noutras zonas da cidade, como é o caso das rúas máis céntricas, como é o caso de Mariño de Rivera ou nas inmediacións do Auditorio, así como no tramo comprendido entre o cruce do Malecón con Rosalía de Castro en dirección á praza da Concordia. Fontes municipais sinalaron que a zona azul permitiu dar maior fluidez ó tráfico e facilitar o estacionamento nesas zonas. Agora estes cambios estenderase tamén dende o o cruce da praza da Concordia, en dirección ó palco de pedra, sempre pola liña de edificacións que integran a fachada marítima. Comprenderá 23 novas prazas, ademais de dúas para minusválidos e unha nova zona de carga e descarga preto do cruce con Rosalía de Castro, que se suma á xa existente nas inmediacións do palco de pedra.
Entrada en funcionamento
Está previsto que o novo tramo de zona azul comece a funcionar o vindeiro luns. Non obstante, durante un prazo de dúas semanas non se sancionará ós condutores infractores a fin de deixar marxe de tempo suficiente para que se habitúen ó cambio. A mecánica de funcionamento será semellante a das outras partes da cidade con zona azul. Os condutores non terán que pagar por aparcar os seus vehículos, pero disporán dun tempo máximo de estacionamento dunha hora e media ininterrompida. A zona azul estará operativa en días laborais, de luns a venres de 9 a 2 polas mañás e de 4 a 8 polas tardes, e os sábados de 9 a 2.
Redacción Barbanza










