Telmo Martín: ‘Farei unha oposición constructiva’

    lores_telmo100_050607.jpgPONTEVEDRA > Os tres aspirantes á alcaldía coincidiron esta mañá no Concello. O secretario municipal convocou …

    … ós cabezas de lista para preparar a sesión constitutiva da nova corporación.

    lores_casal200_050607.jpgA sesión constitutiva da nova corporación municipal de Pontevedra celebrarase o vindeiro día 16 ás doce do mediodía, no Teatro Principal. A mesa de idade estará formada pola edil do PSOE Margarita Castejón e polo popular Jacobo Moreira Ferro. Nesta ocasión os concelleiros xurarán ou prometerán o seu cargo de forma individual ó tempo que reciben cadansúa medalla. Trala proclamación de candidatos elixirase alcalde. Disto falouse na reunión convocada polo secretario municipal cos tres candidatos, Miguel Anxo Fernández Lores, polo BNG, Teresa Casal polo PSOE e Telmo Martín polo PP.

    Lores e Casal proseguen coas súas negociacións para repetir bigoberno algo que respecta Martín, a pesar de advertir da súa intención de formar goberno o vindeiro día 16. Telmo afirma que os 12 edís que ten o PP formarán un grupo compacto, e que, de prosperar o pacto BNG – PSOE están dispostos a exercer unha ‘oposición constructiva’. De estar na oposición, Telmo afirma que igualmente tratará de que os proxectos de ‘A Nova Pontevedra’ se leven a cabo.

    Redacción Salnés