Cúmprese a sentencia de derrubes no poboado xitano do Vao

    derrubevao100_231107.jpgPONTEVEDRA > Hoxe expiraba o prazo dado ó concello de Poio para cumprir a sentencia do Tribunal…

    …Superior de Xustiza, para o derrube de sete vivendas no poboado xitano do Vao. Durante todo o día houbo unha forte presenza policial e medios de comunicación de todo o país desprazados ó poboado, mentres o alcalde trataba, dende primeira hora do día, de negociar o realoxo das familias afectadas.

    derrube_vao2_200_231107.jpgFamilia por familia. Así asegura o alcalde de Poio, Luciano Sobral, que negociou o realoxo dos afectados polos derrubes, ante a evidente execución da sentencia firme do xuíz. Parece que os acordos foron xurdindo e xa tiñan pactado con cinco familias e tan só quedaban dúas pendentes de ubicar

    Ante o informe do arquitecto que impide derrubar ca pala as vivendas sentenciadas, por ter outras anexas que acusarían os danos, procedeuse a desmontar as casas manualmente, incluso unha delas será precintada coa luz e auga cortadas.

    Durante todo o día estivo presente a posibilidade de instalar aos afectados nun cámping da zona de Montalvo, pero o alcalde non precisou o lugar exacto.

    A situación é para todos complicada. As familias xitanas están moi sensibilizadas polo rexeito manifestado polos cidadáns, en tódolos lugares nos que se intentou ubicalos. Senten desconfianza ante os políticos e durante todo o día sobraron escenas crispadas de desesperación, ante o inminente cumprimento da sentencia que lles deixa sen o seu fogar, sexa coma sexa. Non están moi de acordo con ir para os albergues e non senten seguridade ningunha

    Segundo alcalde de Poio o proceso de demolición dilatouse, polo laborioso que é, durante todo o día polo que proseguirán mañá ao non rematar os traballos á noite. Tamén declarou que despois, con mais calma e xa sen sentencias xudiciais, seguirán buscando un lugar onde trasladar ás familias restantes, as que viven no Vao de abaixo, para lograr a súa integración social.

    Redacción Salnés