![]()
RIBADUMIA > A alcaldesa Salomé Peña e o director de La Caixa en Vilagarcía, Manuel Alfonso, inauguraron o ‘Planeta Viaxeiro’ …
… no pavillón de Barrantes, acompañados por escolares do colexio.
Trátase dun gran iglú inchable que supón un gran reclamo para entreter á poboación infantil a través da proxección no seu interior das diferentes constelacións. Así, da man dunha monitora do Concello de Ribadumia, os nenos ven pasar ante si as constelacións máis relevantes: a Osa Maior, Osa Menor, Estrela Polar… atendendo ás explicacións para poder localizalas no ceo de verdade. Esta ensinanza compleméntase con unidades didácticas con actividades a través das que os nenos poñen en práctica os coñecementos de astronomía adquiridos e familiarizarse con eles.
O globo ten unha capacidade para quince nenos en cada proxección, que ten unha duración aproximada de doce minutos. O ‘Planeta Viaxeiro’ de La Caixa estará ata o venres 30 no ximnasio de Barrantes, para que os alumnos do colexio Xulia Becerra Malvar e dos preescolares poidan disfrutar del e das 500 estrelas que reproduce.
Redacción Salnés







