Medio Ambiente visita as obras de saneamento do río Umia

    riocaldas_100_001.jpgCALDAS > O delegado provincial de Medio Ambiente e o subdirector de Augas de Galicia visitaron hoxe co alcalde de Caldas…

    … de Reis as obras de saneamento da marxe esquerda do río Umia. Son uns traballos que pretenden deixar totalmente saneada dos verquidos as augas do Umia ó seu paso por Caldas.

    Estas obras de saneamento da marxe esquerda do río Umia ó seu paso por Caldas pretenden elimana-los tres verquidos que están no casco urbán da vila. Segundo o director de Augas de Galicia, con estas obras que supoñen un investimento de 135.000 euros, Caldas quedaría totalmente saneada.

    Os residuos pasarán por unha tubería soterrada e cuberta con pedra que se conectará ó final do lugar da Tafona co colector xeral. Esté é un traballo que se enmarca no proxecto de darlle unha solución integral ó saneamento de todo o río Umia, dende o seu nacemento en Codesada, ata a súa desembocadura.

    Espérase que antes de que remate o ano, estén finalizados os traballos, que teñen un prazo de execución de dous meses.

    Redacción Salnés