Traballo vai a investir máis de nove millóns de euros en Vilagarcía

    traballovila_100_001.jpgVILAGARCÍA > O Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, reuniuse hoxe en Vilagarcía co equipo de goberno local, …

    … para falar do investimento que a Xunta vai a levar a cabo na vila en materia de políticas laborais. Segundo Varela, a súa consellería vai a investir máis de 9 millóns de euros na localidade antes de que remate o 2009, repartidos en dúas quendas: algo máis de catro millóns para o vindeiro ano e case cinco para o 2009. Destes cartos, 5,7 millóns de euros irán destinados a políticas de emprego; 3 millóns financiarán actividades relacionadas coa formación e orientación de traballadores e traballadoras. E por último uns 600.000 euros destinaranse a políticas de prevención de riscos laborais.

    Estes orzamentos son para o Conselleiro un exemplo da aposta que a Xunta fai por Vilagarcía. Dentro das políticas de emprego incluiranse incentivos á contratación dos mozos, o fomento do autoemprego, ou tamén actuacións para fomenta-la integración laboral de persoas con discapacidade.

    O obxectivo é que para dentro de dous anos Vilagarcía incremente o número de afiliados á seguridade social en 1.000 persoas, e de que ó mesmo tempo baixe o número de parados a menos de 2.200. Espérase tamén que estes orzamentos sirvan para que no remate do 2009, haxa 700 mulleres máis incorporadas ó mercado laboral.

    Redacción Salnés