O VIII Congreso Galego de Medio Ambiente, Saúde e Turismo no Salnés terá lugar en Cambados e Sanxenxo

SANXENXO> Sanxenxo e Cambados celebrarán o VIII Congreso Galego de medio ambiente, saúde e turismo no Salnés. Será punto de encontro de 40 expertos e 130 ambientalistas de Galicia. Levarase a cabo do 26 ó 28 de Marzo.

Os Concellos de Cambados e Sanxenxo e a mancomunidade do Salnés acollerán o “VIII Congreso galego de medio ambiente, saúde e turismo no Salnés” e o “LXI Curso de saúde ambiental” organizado polo Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles. Gonzalo Pita destacou a importancia que o coidado medio ambiente terá para o turismo da zona.

O Programa Galego municipios Saudables e Sostibles naceu no ano 2000 e dende entón xa leva realizados sete foros nos que impartiu 60 cursos chegando a 260 concellos e 7 mil persoas. Ó congreso asistirán expertos de todo o mundo e centraranse no medio ambiente, na saúde e no turismo.

O Congreso abordará catro puntos relevantes como é o caso da loita contra o cambio climático, fomentar o modelo circular e dous obxectivos de ámbito local.

O congreso levarase a cabo os días 26 e 27 no parador de Cambados e o día 28 no obradoiro de emprego “hostalería do Salnés” en Sanxenxo.