O temporal dana o 50 por cento dos invernadoiros do Salnés

    invernadoiro100.jpgSALNÉS> O 50% dos invernadoiros da comarca resultaron danados polo temporal que azoutou Galicia na madrugada do xoves.

    {flowplayer}images/salnes/150110_temporal_agro.flv{/flowplayer}

    SALNÉS> O 50% dos invernadoiros da comarca do Salnés resultaron danados polo temporal que azoutou Galicia na madrugada do xoves.

    A maioría das instalacións sufriron danos nos plásticos. Nos casos máis graves os vento tirou, literalmente, as estructuras ó chan. É o caso dun invernadoiro na parroquia cambadesa de Vilariño, que conta cunha superficie que supera os 1.000 metros e que agora retirará un chatarreiro. Volver construír un invernadoiro coma o que había custa máis de 20.000 euros. Unha cantidade que non poden asumir moitos horticultores.

    Ante esta situación as dúas cooperativas hortofrutícolas do Salnés decidiron traballar en conxunto para valorar os danos e facer un informe que logo lle remitirán á Administración. Solicitarán á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia que colabore no arranxo destas desfeitas.

    A situación do sector agrícola na comarca é desesperada. Ós danos nas instalacións hai que sumar as perdas de cultivos, que estaban na fase de produción e que agora serán víctimas da chuvia. Poucos son os horticultores que tiñan asegurado os cultivos e moito menos as instalacións po falta de rendibilidade nos seus cultivos. Unha vez máis, no campo galego chove sobre mollado.

    Redacción Salnés