![]()
PONTEVEDRA> Dende o bipartito apuntaban á choiva como causante dos desperfectos. Os populares din que é un problema ven de lonxe.
{flowplayer}images/salnes/PPPonte_240113.flv{/flowplayer}
Segundo os concelleiros do PP en Pontevedra Ricardo Aguilar e César Abal o goberno de Fernández Lores é o único responsable do lamentable estado de deterioro que presenta as rúas do centro urbano de Pontevedra e que obriga a realizar grandes investimentos e reparacións. Os populares criticaron ó goberno por culpar dos desperfectos á mala meteoroloxía e esixiron unha mellor xestión e mantemento en materia urbanística.
Aguilar e Abal lembraron que as rúas nas que se van realizar reparacións levan en mal estado moito tempo e que foron obxecto de denuncias por parte de veciños que sufriron caídas polo deficiente estado de conservación das mesmas. Citaron os casos da praza de España, avenida de Marín, Paseo de Colón ou Alameda entre outras.
Esixirion que o goberno de Fernández Lores xestione mellor os recursos poara evitar gastos como o que se vai acometer agora nestas reparacións, de 122.000 euros.
Redacción Salnés









