O Parador de Cambados cumpre 50 anos

    CAMBADOS> O Parador de Cambados cumpre 50 anos e hoxe celebrou o seu medio século de vida nun emotivo acto onde se reuniron autoridades, antigos traballadores e personalidades do Salnés. Tanto a presidenta de Paradores como o presidente da Xunta valoraron nos seus discursos a axuda da institución autonómica nos peores momentos a nivel económico da rede hoteleira e como agora volve a obter grandes resultados.

     

    Paradores leva 88 anos unindo patrimonio e turismo en España e o Parador de Cambados, que cumpre este 2016 50 anos de vida, é un dos seus mellores exemplos. Esta tarde vestíase de gala para acoller un emotivo acto onde ser reunían non só autoridades e personalidades da zona senón tamén antigos traballadores. 

    Tanto a alcaldesa de Cambados como a presidenta de Paradores ou o presidente da Xunta de Galicia loubaron as bondades do lugar e da localización na que se atopa, cualificándoo de símbolo para Cambados, un sitio no os hóspedes atopan cultura, patrimonio e o sabor da terra.

    A Presidenta tamén quixo agradecer á Xunta de Galicia a súa labor de promoción conxunta e a axuda recibida nos peores momentos económicos da rede hoteleira.

    Tralos discursos os asistentes puideron degustar varios dos produtos máis coñecidos da zona e de toda Galicia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/19/feijoo_visita_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/19/feijoo_visita_cambados.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí